FOMOS FICANDO SÓS

UN PROXECTO DE LONGAMETRAXE DE ADRIÁN CANOURA
Sinopse

Dende o porto de Burela faena o barco Raúl Primero, capitaneado por Raúl Canoura desde fai tres décadas, con unha larga tradición Pesqueira familiar. O seu fillo, o director, atopa unhas cintas de vídeo gravadas por Raúl durante varias mareas en diferentes etapas. Estas cintas mostran unha vida, un mundo que foi, cada vez máis esquecido, e que Adrián intenta ver como foi, navegando co seu pai no barco familiar.

Biografía do director

Adrián Canoura nace no 1991 en Burela. A súa formación audiovisual comeza na Fundación TIC (EIS Lugo), en Realización e Produción Audiovisual. Continua cunha especialización en Cámara e Realización na Escola de Ficción de Voz Audiovisual en A Coruña. En 2016 trasládase a Madrid para cursar o Master LAV: Laboratorio de Práctica e Creación Audiovisual Contemporánea.

Destacado como un novo talento pola Academia Galega do Audiovisual en 2018, pódese definir como cineasta e videoartista onde as súas creacións van desde o videoclip, filmes, AV live, ata proxectos ligados á música como Guerrera, Nistra ou Baiuca.

O seu traballo navega entre diferentes formas, desde proxectos híbridos entre documental e ficción ata aproximacións máis experimentais á vídeocreación, traballo co arquivo ou creacións máis contemporáneas. Durante estes últimos anos desenvolve diferentes proxectos entre cinema e música, onde destacan filmes como Da morte nace a vida (2020), REXISTROS (2019), Caerán Lóstregos do Ceo (2018), Salitre nas veas (2017), O Porco e o seu espírito (2016) o Nistra Batuko Exploration (2015), e actualmente desenvolve un novo proxecto titulado Fomos Ficando Sós que está produción.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad