La Estrella Errante A ESTRELA ERRANTE Un filme de Alberto Gracia En 1984 Rober e a súa banda Los Fiambres sacaban o seu primeiro e único LP titulado El lado oscuro del Rock and Roll. Trinta anos despois Rober viaxa a Vigo para atoparse con Nacho, un amigo fotógrafo. Alí descobre que neste tempo todo cambiou. Nin el nin Vigo parecen estar presentes. Talvez a única saída sexa atopar a Ronnie.

Título: A ESTRELA ERRANTE

Duración: 67 min.

Cor: Cor

Formato de gravación: HD

Idioma orixinal: Castelán

País de produción: España

Produción: El Horlá

Coprodución: Zeitun Films · El Viaje Films

Año de produción: 2018

Con Robert Perdut e Nacho Alonso

 

Director e Guionista: Alberto Gracia

Director de Fotografía: Mauro Herce e Alberto Gracia

Son directo: Amanda Villavieja

Deseño sonoro: Alberto Gracia e Berio Molina

Montador: Alberto Gracia

Música: Jonay Armas

Produtor: Alberto Gracia

Coprodutores: Felipe Lage Coro · José Alayón

FESTIVALES E PREMIOS

Rotterdam International Film Festival (Países Baixos)

SEFF Festival de Cine Europeo de Sevilla. Premio DELUXE Las Nuevas Olas No Ficción

Dock of the Bay San Sebastián. Premio ao Mellor Documental Musical

FICCI Festival Internacional de Cine de Cartagena (Colombia) 

Festival Márgenes 

FIDOCS Festival Internacional de Documentales de Santiago de Chile

Black Canvas Festival de Cine Contemporáneo de México 

Transcinema Festival Internacional de Cine

Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay

Notas do director

A Estrela Errante trata de ser fiel, tanto a nivel formal como conceptual, á natureza abstracta da imaxe dixital de alta definición.

É unha película fiambre, porque trata de non-mortos, porque é fría e porque é un alimento rápido para ollos famentos.

Parte dunha información, entendida esta como a unión improbable de dous elementos, para xerar un discurso próximo ao televisivo e ao relacionado coas plataformas dixitais de vídeos amateur, á vez que ao cinematográfico.

Chiscando o ollo ao metacine e deixando por momentos de lado a verosimilitude, abordo con crueza o desencanto que supón o presente eterno da imaxe (a súa presenza constante) e a representación imposible. É a promesa da imaxe de significar algo, que acaba sempre en frustración. Ao paradoxo de que ver é perder (pois nos é imposible velo todo), úneselle a de que o desexo e a mirada son as bases da nosa relación interpersoal como imaxes, como seres de luz que perderon o seu corpo (algo xa de seu inherente á propia relación entre desexo e imaxe).

A montaxe roza o psicótico e contrasta coa hexemonía do son, recalcando que nestas imaxes sen alteridade, o son manda, con independencia do que iso supón a un nivel identitario tanto para os personaxes como para os lugares e a propia película.

A premisa é clara: se a linguaxe non significa, e o esquecemento é o piar da nosa relación psicotrópica coa imaxe, Onde están o noso eu e o mundo? Cal é o lugar da morte e cal o do silencio? Será o canto a expresión fantasmal da infancia perdida?

Será a lembranza a solución do enigma que nos constitúe? Será o cinema o lugar da lembranza pero tamén o do esquecemento por exceso de lembranzas? Que é o que nos depara a inmersión da imaxe dixital na outrora imaxe analóxica e polo tanto representativa da fotografía e o cinema? Por que nos convertemos todos e todas en cineastas?

Preguntas que son a súa resposta, preguntas que son respondidas con preguntas, polos fillos monstruosos e inmortais da razón que se irmandaron na visión. Buscándose en si mesmos a si mesmos, sen cesar. A golpe de like co biógrafo montado na súa mochila.

Unhas personaxes masculinas disfuncionais expoñen estas preguntas nun mundo uterino, maternal, onde ninguén sabe onde van parar as cousas correntes, que non se poden contar. Personaxes históricas que xa non teñen historia máis aló da súa identificación narcisista coa imaxe.

Será a morte a única saída a esta falta de sentido?

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad