Título: FOMOS FICANDO SÓS
Duración: 82 min.
Cor: Cor
Formato de gravación: Dixital
Idioma: Galego
País de produción: España
Produción: Zeitun Films
Ano: 2025
Título: FOMOS FICANDO SÓS
Duración: 82 min.
Cor: Cor
Formato de gravación: Dixital
Idioma: Galego
País de produción: España
Produción: Zeitun Films
Ano: 2025
Con Raúl Canoura
Director: Adrián Canoura
Guionistas: Aldara Pagán, Adrián Canoura
Directora de fotografía: Arancha Brandón
Montadora: Iria Silvosa
Música orixinal: Anxo R. Ferreira
Deseño sonoro: Anxo R. Ferreira
Directora de arte: Carmen Triñanes
Efectos visuais: Marta Verde
Director de produción: Brais Romero Suárez
Produtores: Brais Romero Suárez, Felipe Lage Coro
IDFA – International Documentary Film Festival Amsterdam
Cando atopei no faiado as vellas gravacións que fixera meu pai nos anos 80 e 90, algo se moveu dentro de min. Non foi só a forza do recordo, senón unha especie de chamada: o desexo de volver a esas imaxes, de vivilas dende dentro. Sentín que había algo aínda por contar… algo que tiña que ver co mar, co oficio, coa nosa relación como pai e fillo.
Durante moito tempo non souben por onde comezar. Tiña intencións soltas, fragmentos de ideas e sensacións que non acababan de tomar forma. Ata que se deu unha situación case máxica: embarcarme con meu pai ao Gran Sol. Sen plan, sen guión, non o pensei demasiado. Tiña que ir. Tiña que vivir o que el vivira. Só así podía contar esta historia. Deixei que me guiase unha forza interior, unha intuición que viña de moi fondo, do corazón, das entrañas. E así foi como decidín facer a travesía. Para mirar, para sentir, para comprender. E para contar.
No mar descubrín un escenario inmenso, e non só un lugar físico senón tamén un espazo emocional, de resistencia. A soidade dos homes facíase visible, case cósmica, e os corpos movíanse no límite entre o oficio e o ritual. O barco do meu pai converteuse no único escenario posible. Nel navegaban non só a tripulación, senón tamén as cicatrices emocionais de xeracións de homes de mar. O tempo, o silencio, o baleiro… Todo aquilo que non se di, pero que pesa. E entre eles, meu pai. E eu, observando.
A película naceu desa experiencia. Pero tamén dunha aposta estética e ética: a de traballar co multiformato, co arquivo doméstico, co material analóxico e co dixital. Desde sempre entendín o cinema como un lugar onde dialogan linguaxes e soportes, un lugar de confluencia onde o real e o onírico poden convivir. Aquí non quixen ilustrar unha historia, senón construír unha forma de estar, de resistir, de mirar.
O mar está presente en cada plano, pero tamén en cada ausencia. Non é só o contexto: é a fenda, o reflexo, a magnitude. Un espazo que separa e une. Un espazo que tamén fala de min.
Esta non é só unha película. É unha viaxe iniciática. Un xeito de entender quen son, de onde veño e cara onde vou.
Fomos Ficando Sós é iso: unha travesía persoal e cinematográfica. Un intento de entender a miña relación co mar, co meu pai, coa herdanza emocional que deixa o traballo. E tamén unha busca dunha forma de mirar distinta, propia.
Grazas por acompañarme nesta travesía.
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós…
…Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.




