TRALOVENTO

UN PROXECTO DE LONGAMETRAXE DE ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN
Sinopse

Ana regresa ao seu pobo trala morte de seu pai. A súa intención é marchar tralo enterro pero sinte a necesidade de quedarse, alimentada pola intención dunha compañía eléctrica de instalar un parque eólico que divide aos veciños e afecta aos terreos da súa familia.

A súa participación neste conflito involúcraa de novo na vida da comunidade. Un proceso no que Ana cuestiona o seu sentido de pertenza, evoca un pasado doloroso e descobre un espírito de loita que descoñecía ter.

Biografía do director

Licenciado na Universitat Autònoma de Barcelona, comeza a súa carreira como crítico de cinema, cofundando e codirixindo a revista A CUARTA PAREDE. En 2010 forma parte do Xurado Novo da Mostra de Venecia. Ao ano seguinte trasládase a Estocolmo, onde filma as curtas PETTRING (2013) e NO NOVO CÉIO (2014). En 2014 filma a mediometraxe JET LAG e nos dous anos seguintes completa a longa NO COW ON THE ICE (2015), estreada en Visions du Réel, e dúas curtas máis: YELLOW BRICK ROAD (2016) e RUST (2016). En 2018 estrea en IDFA a súa longametraxe HAMADA (2018). Este filme é seleccionado en festivais como Bafici ou Edinburgh IFF e galardoado en Cinéma du Réel, FIC Xixón ou Porto/Post/Doc. Os seus traballos máis recentes son as curtas OS CORPOS (2020), estreada en IDFA e presentada, entre outros festivais, en Clermont-Ferrand (Francia), e ROMPENTE (2022), que se estrea no Festival de Málaga gañando o premio á mellor curtametraxe de ficción, e que posteriormente participa en festivais como Vila do Conde ou o Festival de Cans, onde se alza co premio á mellor curtametraxe de ficción.

TRALOVENTO é a súa vindeira longametraxe.

Coa financiación de

Xunta de Galicia

Goberno de España

Creative Europe Programme – MEDIA da Unión Europea

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad