Todos vós sodes capitáns TODOS VÓS SODES CAPITÁNS Un filme de Oliver Laxe Un cineasta europeo realiza unha película con menores acollidos nun centro en Tánxer, Marrocos. Durante a rodaxe, os heterodoxos métodos de traballo do director desgastarán a súa relación cos propios menos, até o punto de transformar por completo o desenvolvemento do proxecto.

Título: TODOS VÓS SODES CAPITÁNS

Duración: 79 min.

Cor: Branco e negro

Formato de gravación: 16mm

Lingua orixinal: Árabe (Dharija)

Países de produción: España · Marrocos

Produción: Zeitun Films

Ano de produción: 2010

Con Shakib Ben Omar, Nabil Dourgal, Mohamed Bablouh, Said Targhzaou, Asharaf Dourgal, Mohamed Selushi, Redouan Negadi, Youseff Boughari, Bilal Belcheikh, Zhor Arfaoui, Oliver Laxe, Hicham Amidallah, Adam Mouaouia, France Aline, Habiba Bouzerda, Fouad Lhadari, Ahmed Kacem, Rachida Marrakechi, Hassan Wahabé, Abdelghani Obayeb e Nourredine Al Fatouh

 

Director e Guionista: Oliver Laxe

Directora de fotografía: Ines Thomsen

Asistente de cámara: Sandra Ortiz

Auxiliar de cámara: Álvaro Redondo

Son directo: Nicolás Barrena e Simohamed Fettaka

Deseño sonoro: Albert Castro Amarelle

Montador: Fayçal Algandouzi

Produtores: Oliver Laxe · Felipe Lage Coro

FESTIVAIS E PREMIOS

Quinzaine des Réalisateurs – Cannes (Francia). Premio FIPRESCI

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina). Premio Signis

Cineuropa Santiago de Compostela. Premio Cineuropa

Festival Internacional de Cine de Valdivia (Chile)

Filmfest Munich (Alemaña)

Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay. Premio Mellor Film (Sección Iberoamericana)

Vancouver International Film Festival (Canadá)

Festival du Nouveau Cinéma de Montréal (Canadá)

Mostra Internacional de Cinema de São Paulo (Brasil)

CPH:Dox Copenhagen International Documentary Film Festival (Dinamarca)

Minsk International Film Festival (Bielorrusia). Diploma Especial «For the Dance with Reality»

Festival Internacional de Cine de Gijón. Premio Xurado Mozo

DocsBarcelona Festival Internacional de Cine Documental. Premio Nou Talent

!f Istanbul AFM International Independent Film Festival (Turquía)

Spirit of Fire (Rusia)

FICUNAM Festival Internacional de Cine de la Universidad Nacional Autónoma de México

True/False Film Fest (EUA)

Festival Internacional de Documentais Play-Doc. Premio Mellor Longametraxe Documental

Jeonju Internacional Film Festival (Corea do Sur)

Festival Europeo de Cine Invisible. Premio Mellor Película

Independent International Film Festival IndieLisboa (Portugal)

World Nomads Festival New York (EUA)

Festival de Cine Lima Independiente (Perú). Premio Mellor Longametraxe

DokuFest International Documentary and Short Film Festival (Kosovo)

Picnick Film Festival Santander. Premio Mellor Película

London Spanish Film Festival (Reino Unido)

Pravo Ljudski Film Festival (Bosnia e Hercegovina)

Festival Internacional de Cine de Cali (Colombia)

Festival Nuovo Cinema Xénova (Italia)

Isola Film Festival (Eslovenia)

Festival de Cine Radical La Paz (Bolivia)

Porto/Post/Doc (Portugal)

Festival dei Popoli (Italia)

Notas do director

Hai catro anos decidín ir vivir a Marrocos. Como lle lin unha vez a Yalal ad-Din Rumí, por aquel entón tiña os beizos secos e precisaba beber nunha fonte fértil e xenerosa como Marrocos, onde poder manter un diálogo máis estreito coa vida. Seducido polos mitos pasados e presentes de Tánxer, ao pouco de chegar decidín desenvolver un obradoiro de cinema con nenos pertencentes a contextos desestruturados.

Dende o principio tiven moi claro cales eran as motivacións que me achegaban a estes menores. Atraíame a súa curiosidade, a súa maneira de ver as cousas coma se sempre fose a primeira vez, a liberdade coa que se enfrontaban a todo proceso creativo, máis aló de todo academicismo. Asustábame o feito de consideralos nenos «da rúa», para min eran nenos por riba de todo. Tiña que evitar toda sorte de humanismo paternalista. Outra característica que me parecía interesante deles era o seu carácter de inadaptados, unha condición compartida por toda esta gran familia de demos que representamos os artistas. É desta inadaptación da que xorden os desexos, as necesidades, o impulso vital. A creatividade vén tamén dada polo grao de experiencia, e neste sentido era evidente que estes nenos se viron obrigados a desenvolver dende moi pronto unha reflexión persoal sobre a súa vida.

Traballamos dunha forma absolutamente artesanal, con cámaras de 16mm cuxa película revelabamos a man. Filmabamos aquilo que nos parecía fermoso, simplemente. Compartiamos a fascinación pola existencia das cousas. Todos vós sodes capitáns é unha película que nace desta experiencia de obradoiro, e fíxose, curiosamente, coa cámara coa que se filmaban as viaxes de Hassan II na década do noventa. O máis importante foi definir ben o punto de vista, a miña dobre relación de “distancia” e “empatía” con estes nenos. A pesar de que os seus dramas son especialmente duros e me afectan persoalmente, como artista en ningún momento estiven interesado en traballar sobre eles, parecíame un comportamento moi deshonesto e falso pola miña banda. Non me interesa a estilización do drama, senón os procesos estilísticos, a propia experiencia de crear. O meu compromiso con estes nenos e comigo mesmo era transcender certo lamento, certo desasosego co que ás veces interpretamos os obstáculos que nos depara a vida. O exercicio debía ser afirmativo, un acto de curación compartida.

Podemos ser libres, é sempre unha cuestión de lectura, de diálogo coa vida, de mirada en definitiva. A vida é inxusta, é absurdo preguntarse a razón, hai que aceptalo así. A verdadeira cuestión é comprender cal é a nosa resposta ante esta xusta inxustiza. O xogo tiña que ser o motor desta película. Quería facer unha obra que fose seria na súa falta de seriedade. Nesta película fáltolle moito ao respecto ao cinema, precisamente porque confío nel. Quería que o espectador soubese que no fondo eu son o máis neno de toda a película e que o xogo e a creación é a miña maneira de resistir. Ao verme obrigado a facer a posta en escena dende dentro da imaxe resultou moi fácil provocar a vida e pór as cousas en movemento. Permitiume bailar. Elixín ser o malo da película, representar o prototípico artista occidental neocolonialista; non quería transmitir unha imaxe de misioneiro, de boa persoa. Era imprescindible deixar claro que para min a arte está máis aló do ben e do mal, que todo vale con tal de obter unha imaxe. O espectador debía ser consciente en todo momento de que ese personaxe cínico e estúpido que eu represento no filme é ao mesmo tempo o ser que sente ao facela, algo evidente unha vez que me expulso da película e me eclipso detrás da cámara para facerse, paradoxalmente, máis evidente a miña presenza. Necesitaba lograr que Todos vós sodes capitáns fose unha película romántica sen parecelo. Penso que a imaxe desenfocada do cartel evoca perfectamente a idea de que ás veces se ven mellor as cousas dende certa distancia. A distancia é sempre boa, sobre todo en procesos creativos. Na escena inicial da película, cando os nenos están a mirar o avión, un deles suxire que se pechan os ollos poderán velo mellor.

Todos vós sodes capitáns é unha película sobre a mirada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad