Nunha noite en Galicia onde o océano e o ceo intercambiaron papeis, un grupo de estrelas saltaron e mergulláronse no Atlántico.
E mentres as estrelas nadaban felices no océano, no ceo negro ficaba aínda unha estrela brillando soa. Esa estrela tiña plans diferentes para esa noite; ía esperar a que se desvanecese por completo a escuridade para baixar á terra ás agachadas a encontrarse co seu amante