ROMPENTE Un filme de
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.

Título: ROMPENTE

Duración: 26 min.

Cor: Cor

Formato de gravación: HD

Idioma: Galego

País de produción: España

Produción: Zeitun Films

Ano: 2022

Con Sergio Baleirón, Soraya Luaces, Vicente Mohedano

 

Director: Eloy Domínguez Serén

Guionista: Eloy Domínguez Serén

Director de fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos

Montadores: Cristóbal Fernández, Eloy Domínguez Serén

Directora de arte: Melania Freire

Deseño sonoro: Emilio García

Produtor: Felipe Lage Coro

FESTIVAIS E PREMIOS

Festival de Málaga. Biznaga de prata á mellor curtametraxe de ficción
Festival de Cans. Premio á mellor curtametraxe de ficción
Short Waves Festival (Polonia)
Curtas Vila do Conde – International Film Festival (Portugal)
Fascurt, Festival de cortometrajes del Masnou. Premio á mellor curtametraxe
Xociviga Xornadas de Cine e Video de Galicia. Premio Xurado Novo
Festival Internacional De Curtas De Verín. Premio especial do público
FICBUEU Festival Internacional de Cinema de Bueu. Premio á mellor curtametraxe galega
Festival Primavera Do Cine
Imagineindia International Film Festival
OUFF Ourense Film Festival. Premio AISGE ó mellor actor para Sergio Baleirón
PriFest – Prishtina International Film Festival (Kosovo)
Job Film Days (Italia). Premio ó mellor argumento
Abycine Festival de Cine de Albacete
Curtocircuíto International Film Festival
Bolton International Film Festival (RU)
Filmfest Eberswalde (Alemaña)
Avilés Acción Film Festival
Festival De Cortometrajes K-Lidoscopi
Premios Pávez – Festival Nacional de Cine
Octubre Corto – Festival de Cine de Arnedo
Caminhos Film Festival (Portugal)
Baku International Short Film Festival (Azerbaixán)
Festival Internacional de Cine de Gijón
Lublin Film Festival (Polonia)
Festival Internacional de Cine de Cartagena – PNR (Plataforma de Nuevos Realizadores). Premio á mellor curtametraxe
Muestra de Cine de Lanzarote
Andares: Acciones Cinematográficas (Perú)
MUSOC en corto
Sanfici – Santander Festival Internacional de Cine Independiente (Colombia)
KINO Athens (Grecia)
Concurso de Cortometrajes CREAT RIVAS. Premio ao mellor director. Premio á mellor curtametraxe
International Film Festival of Uruguay
Festival Internacional de Cortometrajes Radio City
Construir Cine – Festival Internacional de Cine sobre el Trabajo (Arxentina)
Kino Otok – Isola Cinema International Film Festival (Eslovenia)
DiversimaCine Film Festival

Biografía do director

Licenciado na Universitat Autònoma de Barcelona, comeza a súa carreira como crítico de cinema, cofundando e codirixindo a revista A CUARTA PAREDE. En 2010 forma parte do Xurado Novo da Mostra de Venecia. Ao ano seguinte trasládase a Estocolmo, onde filma as curtas PETTRING (2013) e NO NOVO CÉIO (2014). En 2014 filma a mediometraxe JET LAG e nos dous anos seguintes completa a longa NO COW ON THE ICE (2015), estreada en Visions du Réel, e dúas curtas máis: YELLOW BRICK ROAD (2016) e RUST (2016). En 2018 estrea en IDFA a súa longametraxe HAMADA (2018). Este filme é seleccionado en festivais como Bafici ou Edinburgh IFF e galardoado en Cinéma du Réel, FIC Xixón ou Porto/Post/Doc. Os seus traballos máis recentes son as curtas OS CORPOS (2020), estreada en IDFA e presentada, entre outros festivais, en Clermont-Ferrand (Francia), e ROMPENTE (2022), que se estrea no Festival de Málaga gañando o premio á mellor curtametraxe de ficción, e que posteriormente participa en festivais como Vila do Conde ou o Festival de Cans, onde se alza co premio á mellor curtametraxe de ficción.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad