Licenciado na Universitat Autònoma de Barcelona, comeza a súa carreira como crítico de cinema, como cofundador e codirector da revista A CUARTA PAREDE. En 2010 é membro do Xurado Novo da Mostra de Venecia. Ao ano seguinte trasládase a Estocolmo, onde filma as curtas PETTRING (2013) e NO NOVO CÉIO (2014). En 2014 filma a mediometraxe JET LAG e nos dous anos seguintes completa a longa NO COW ON THE ICE (2015), estreada en Visions du Réel, e dúas curtas máis: YELLOW BRICK ROAD (2016) e RUST (2016). En 2018 estrea en IDFA a súa longametraxe HAMADA (2018). Este filme é seleccionado en festivais como Bafici ou Edinburgh IFF e galardoado en Cinéma du Réel, FIC Xixón ou Porto/Post/Doc. O seu traballo máis recente é a curta OS CORPOS (2020), estreada en IDFA.