Título: O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER
Duración: 61 min.
Cor: Branco e negro
Formato de gravación: 16mm
Lingua orixinal: Galego
País de produción: España
Produción: Zeitun Films
Ano de produción: 2013
Título: O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER
Duración: 61 min.
Cor: Branco e negro
Formato de gravación: 16mm
Lingua orixinal: Galego
País de produción: España
Produción: Zeitun Films
Ano de produción: 2013
Con Josecho, Sara García, Oliver Laxe, Nando Vázquez, Alberto Gracia, Pedro Soler e Quique Amil
Director e Guionista: Alberto Gracia
Director de fotografía: Mauro Herce
Son directo: Miguel Bretal
Deseño sonoro e mesturas: Alberto Gracia e Enrico Fiocco
Montadores: Alberto Gracia e Diana Toucedo
Produtores: Oliver Laxe · Felipe Lage Coro
Rotterdam International Film Festival. Premio FIPRESCI
Festival Cinemateca Uruguaya (Uruguai)
Cinema Latino Festival – Tübingen (Alemaña)
Festival Lima Independente (Perú)
Ars Independent Film Festival (Polonia)
Festival Internacional de Cine de Valdivia (Chile)
Athens Avant-Garde Film Festival (Grecia)
Viennale (Austria)
SEFF Festival de Cine Europeo de Sevilla
Cineuropa Santiago de Compostela
O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser é un enrevesado sistema de categorías.
Un día díxenme que esta película tiña que ser un evanxeo, nada menos. O mundo así interrogado é complicidade e correspondencia en lugar de vontade e representación, sen o ánimo ortodoxo de mutilar a exterioridade (ou interioridade) para compracer o sentido. É unha narración imposible, unha ‘traxicomedia’ do século XXI. É un evanxeo un acto desesperado de introducir unha ética dentro dunha estética que se nos escapa, que é imposible? A dialéctica do discurso reflexivo así consumada concluíu nunha experiencia de aceptación relixiosa, nun Si á vida, nada de segredos íntimos, senón rumores despregados ao infinito que se negan a si mesmos.
Aquí a promesa cristiá proxéctase como pregunta: se detrás do veo da Graza non hai nada, para que querías espir a Beleza?. A linguaxe non pode falar de linguaxe, a revelación non é comprensible a través da linguaxe, é pura inmanencia, é pensar o fóra e repensar o discurso reflexivo desde o silencio.
A mosca zumba dentro do vaso, o cristal está en silencio e a cousa respira máis aló do cristal.
Sospeito que todas as traxedias posibles concéntranse nunha: o paso do tempo. É esta unha utopía de ficción?. O optimismo empeza aquí, nos tempos que corren, unha vez esgotados os tristes discursos e a longa cultura do martirio e a lamentación?
Como do romanticismo é imposible escapar, Gaspar propón unha viaxe desde a utopía romántica do cambio, do movemento continuo, á utopía da ficción. Se Batman nos salva a todos, estamos fodidos?
Ten sentido facer unha película sen ter nada novo que contar? Sospeito que todo tipo de creación e recreación é unha fuxida, un paseo co neno imposible que fomos e que nunca deixamos de ser e a verdade é a procura da Verdade con maiúsculas, por tanto o Proceso de creación deste evanxeo é un acto de fe, un acto de idiotez e de obstinación xovial.
O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser é unha película de Ninguén. Un Ninguén que vive rodeado da escuridade de saberse imposible e á súa vez goza dunha liberdade que o encerra nunha cela de mínimas dimensións. Non lembra isto á etapa prelinguística de Gaspar Hauser tanto coma ao avatar das redes sociais e o narcisismo 2.0? Áchase no concepto de autorreadymade a solución problemática ao paradoxo da autorreferencialidade do suxeito coma obxecto de estudo? Como di Gaspar, o que une aos homes non é a natureza nin o sentimento de peche no cárcere da linguaxe, senón a visión mesma da linguaxe, sexa a lingua que sexa, sexa cal sexa o sistema significante que se empregue.