MEMORIA DE ANXOS

UN PROXECTO DE LONGAMETRAXE DE VICENTE VÁZQUEZ
Sinopse

MEMORIA DE ANXOS percorre en clave de fábula amorosa a comarca dos Ancares, concretamente as montañas dos Olmos, onde a tradición oral conta que “un morto foi capaz de matar a catro vivos”.

Biografía do director

Formado como artista visual, vén desenvolvendo desde o ano 2001 a súa actividade artística no ámbito das artes visuais, o cinema, a danza contemporánea e a performance, frecuentemente acompañado da artista vasca Usue Arrieta.

Como autor cinematográfico realizou propostas como Canedo, O Inimigo, Goitik behera behetik Gora, premiado polo festival internacional de cinema documental Punto de vista Navarra e presentado polo Anthology Film Arquive de Nova York no ano 2015.

Os seus traballos mostráronse en institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais así como en festivais de cinema experimental e etnográfico.

En 2013, xunto con Usue Arrieta, Marc Vives, Ainara Elgoibar e o sociólogo e artista Nader Koochaki, pon en marcha Tractora Coop., cooperativa de artistas con sede en Bizkaia que se constitúe como organismo de soporte dos proxectos artísticos das súas socias, así como dos proxectos de terceiras persoas coas que os membros da cooperativa comparten intereses, afectos e inquietudes. Máis tarde, en 2018 e tamén no seo de Tractora, nace a editorial -zko, centrada na difusión de traballos que se desenvolven entre a arte e outras disciplinas do coñecemento.

Dentro das iniciativas levadas a cabo por Tractora Coop. destacan a exposición Landa Lan. A Documentation of Darcy Lange, centrada no artista neozelandés Darcy Lange e que se expuxo en Tabakalera, Centro internacional de cultura contemporánea de Donosti, así como a reconstrución da performance do mesmo artista Aire do mar, que tras a súa exhibición novamente en Tabakalera, pasou a presentarse en Bergen Asssembly 2019.

No ámbito cinematográfico colaborou en diversas pezas do chamado Novo cinema galego como Paris#1, Todos vós sodes capitáns ou Mimosas de Oliver Laxe, O cazador de Ángel Santos ou 76 de Peque Varela. Recentemente colaborou como coguionista e axudante de edición nos proxectos cinematográficos do artista e cineasta Gerad Ortín, obtendo unha mención especial no Festival internacional Cinema du réel pola curtametraxe Reserve, así como desenvolvendo funcións de axudante de edición nas curtametraxes Gorria, premiada no Festival Documenta Madrid 2020, e Alas/Terra, ambas da cineasta e antropóloga visual Maddi Barber.

Na actualidade vive e reside nos Ancares, Lugo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad