EL ALUMBRE

UN PROXECTO DE LONGAMETRAXE DE ALEJANDRO TARRAF
Sinopse

Despois de varias semanas sen conseguir curar unha ferida na súa man, Lucas (26) atópase cunha comunidade de activistas e marxinados da sociedade unidos polo obxectivo de crear luz eléctrica a partir da corrente do río. Dentro deste colectivo, Lucas descobre que ten un misterioso don: o de poder curar coas súas mans.

Biografía do director

Alejandro Telémaco Tarraf (Arxentina, 1984) estudou deseño de imaxe e son na Universidad de Buenos Aires e dirección de fotografía en SICA, Arxentina. Dentro do ámbito audiovisual traballou como director, guionista e director de fotografía, sendo os seus traballos exhibidos en festivais internacionais de cinema como Rotterdam, FICUNAM, AFI Fest, Taipei Golden Horse, ICA Institute of Contemporary Arts de Londres ou SEMINCI de Valladolid, entre outros.

A súa primeira longametraxe como director, PIEDRA SOLA, coprodución con México, Reino Unido e Qatar, foi estreada en 2020 no Festival internacional de cinema de Rotterdam, dentro da sección oficial Tiger Competition. Posteriormente foi exhibida en máis de 40 festivais internacionais, sendo galardoada en Zerkalo Andrei Tarkovsky international film festival en Rusia (Premio professional achievement), SEMINCI (Mención especial do xurado) e Miradas DOC (Mención especial do xurado) de España, FICMY en México (Mención especial do xurado), RIFF Reykjavik en Islandia (Mención especial), KIFF Kerala en India (Mellor película de director debutante), Doclisboa en Portugal (Mellor película – Premio Practice, Tradition and Heritage), Zagrebdox en Croacia (Mención especial) ou Mostra Ecofalante en Brasil (Mellor película) e en Arica Nativa en Chile (Mención especial do xurado). Ademáis, PIEDRA SOLA foi estreada comercialmente en salas en Suíza e proximamente se estreará tamén en Alemaña e Austria.

Alejandro Tarraf actualmente está desenvolvendo EL ALUMBRE, longametraxe da que será director e guionista, e neste ano 2022 estreará a longametraxe documental ENTRECERROS, da que foi director de fotografía.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad