Título: ARRAIANOS
Duración: 70 min.
Cor: Cor
Formato de gravación: Dixital HD
Lingua orixinal: Galego
País de produción: España
Produción: Artika Films
Coprodución: Zeitun Films
Ano de produción: 2012
Título: ARRAIANOS
Duración: 70 min.
Cor: Cor
Formato de gravación: Dixital HD
Lingua orixinal: Galego
País de produción: España
Produción: Artika Films
Coprodución: Zeitun Films
Ano de produción: 2012
Con Eulalia González, Aurora Salgado, Celsa Araujo e Antonio Ferreira
Director: Eloy Enciso
Guionistas: Eloy Enciso e José Manuel Sande, a partir da obra de Jenaro Marinhas del Valle O Bosque
Director de fotografía: Mauro Herce
Dirección de actores: Manolo Fontemoura
Son directo: César Fernández e Joaquín Pachón
Mesturas de son: Vasco Pimentel e Tiago Matos
Montador: Manuel Muñoz
Directora de produción: Rocío Cabrera
Xefa de produción: Beli Martínez
Produtores: Carlos Esbert · Eloy Enciso
Coprodutor: Felipe Lage Coroz
Festival de Locarno (Suíza)
Hamburg Film Festival (Alemaña)
Festival de Vancouver (Canadá)
DocsLisboa (Portugal)
Festival de Nouveau Cinema de Montreal (Canadá)
Viennale (Austria)
SEFF Festival de Cine Europeo de Sevilla. Premio Mellor Película Nuevas Olas
REC Tarragona
Cineuropa Santiago de Compostela
First Look – Museum of Moving Images NY (EUA)
Premio Acto de Primavera
FICUNAM – Festival Internacional de Cine UNAM (México). Mención Especial
Play-doc Festival Internacional de Cine Documental
Festival Cinemateca Uruguaya (Uruguai)
BAFICI Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Arxentina). Premio Vanguardia y Género
D’A Festival Internacional Cinema d’Autor Barcelona. Premio Nou Talent
Transcinema (Perú). Premio Transcinema
Melbourne International Film Festival (Australia)
Cinespaña. Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia)
Underdox. Festival Für Dokument und Experiment Münich (Alemaña)
Pensando en como combinar na película a trama da obra O bosque co rexistro do cotián, lin nos diarios de Vertov unha reflexión sobre a natureza da imaxe que acabou por ser importante para o proceso de creación da película: “Se filmas unha mazá real e unha falsa de modo que non poidas diferencialas, iso non significa que saibas filmar. Significa de feito o contrario. Deberiamos filmar a mazá real de tal forma que non sexa posible ningunha imitación”. No canto de traballar na fronteira de xéneros cunha soa linguaxe híbrida, decidín explorar dúas linguaxes aparentemente antagonistas que non tivesen outra alternativa que coexistir e crear un diálogo entre eles, como fan o home e os animais ou a realidade e os soños.
Neste sentido, a identidade xeográfica á que fai referencia o título (os arraianos, habitantes da fronteira galaico-portuguesa) é un pretexto para facer un filme fronteirizo no sentido da dualidade entre realidade e imaxinación: o que se imprime na memoria como unha mestura de realidade e a construción mítica desa realidade.
Existía tamén o desexo e o reto do traballo co idioma, poder retratalo non tanto como vehículo de mensaxe senón ante todo como expresión plástica e musical. Elixiuse O Bosque como o texto para traballar este aspecto porque me pareceu que o autor se achega a esa idea que defendía Straub: “facer que as pedras sexan como palabras e as palabras como pedras”. Por ese desexo e polo de retratar certa esencia do lugar, quixen traballar con actores non profesionais nun rexistro non naturalista. Explorar eses pequenos xestos, sutís movementos ou xiros da voz que mostran quen é, a pesar de todo, a persoa que encarna ao personaxe; é dicir, ese substrato ou esencia documental (e plástica) que sobresae e brilla, precisamente, a partir dun dispositivo de ficción.
En Arraianos, o conflito dos personaxes ou o contexto histórico no que ocorre o filme está exposto de forma aberta. Esta decisión xera ás veces debates con amigos ou espectadores acerca de por que non mostrar claramente en que tempo ocorre, cal é “o tema principal” ou que conclusión debemos extraer do filme. Traballar deste xeito non se debe a unha vontade intelectual ou de abstracción, senón a querer propoñer ao espectador unha relación en primeiro lugar sensible coas imaxes e o son. Trasladarlle tamén parte da responsabilidade (o privilexio en realidade) de decidir o sentido da procura e loita dos personaxes, do filme no seu conxunto. Que se produza un diálogo coa memoria, na cal existen conflitos, incongruencias e significados abertos que cambian no tempo. A intención última é tentar non embalsamar as imaxes, que sexan porosas para que continúen estando vivas unha vez terminou o filme.