Miguel's War A GUERRA DE MIGUEL Un filme de ELIANE RAHEB A GUERRA DE MIGUEL é a historia dun home homosexual que medrou oprimido e avergoñado durante a guerra civil libanesa. Criado por un pai católico conservador e unha autoritaria nai siria, o adolescente Miguel estaba reprimido por un profundo complexo de inferioridade, incapaz de facerse valer. En 1983 este rapaz profundamente sensible, desesperado por demostrar que "existe" e pode actuar como "un home de verdade" únese aos combates como parte dunha facción armada. Pero a súa experiencia resulta un fracaso. Traumatizado, emigra a Madrid.

No Madrid postfranquista, Miguel busca liberarse a través do desenfreo. Unha serie de relacións destrutivas lévano a un intento de suicidio. Tratando de recompoñerse, Miguel convértese en intérprete e tradutor en Barcelona. Só entón, trinta e sete anos despois de abandonar o Líbano, Miguel séntese preparado para enfrontarse aos traumas e ás pantasmas do pasado, recuperar o seu equilibrio emocional e, talvez, atopar o amor.

Utilizando formas cinematográficas entrelazadas, fusionando o documental, a animación, o teatro e o arquivo, e filmando no Líbano e España, esta longametraxe ofrece unha experiencia de autoconfrontación, conciencia e catarse.

Título: A GUERRA DE MIGUEL

Duración: 127 min.

Cor: Cor

Formato de gravación: HD

Idiomas: Árabe, Español

Paises de produción: Líbano · España

Produción: ITAR productions (Líbano)

Coprodución: Kabinett film (Alemaña) · Zeitun Films (España)

Ano: 2021

Con Miguel Jelelaty

 

Directora: Eliane Raheb

Guionista: Eliane Raheb

Director de fotografía: Bassem Fayad

Director de animación: Fadi El Samra

Montadora: Eliane Raheb

Supervisor de animación: Fdz

sica orixinal: Mazen Kerbaj

Deseño sonoro: Victor Bresse

Son: Shadi Roukoz, Amanda Villavieja

Director de arte: Nader Moussali

Vestiario: Anthony Chidiac

Asistente de dirección: Nadim Hobeika

Xefas de produción: Nermine Haddad, Marta del Vigo

Produtora: Eliane Raheb

Coprodutores: Margot Haiböck · Lissi Muschol · Felipe Lage Coro

FESTIVAIS E PREMIOS

Berlinale – Internationale Filmfestspiele Berlin. Sección Panorama (Alemaña)

NewFest – New York LGBTQ+ Film Festival. Gran premio do xurado

Biografía da directora

A libanesa Eliane Raheb é unha creadora e directora de curtametraxes e documentais amplamente recoñecidos. Entre os seus traballos máis recentes atópanse as longametraxes documentais Sleepless Nights (5º na lista dos mellores documentais de 2013 da revista Sight and Sound) e Those Who Remain (proxectado en máis de 60 festivais de cinema e gañador do prestixioso premio Étoiles de la Scam).

Eliane Raheb é a fundadora de ITAR Productions, unha produtora de documentais emitidos en canles como ARTE/ZDF, France 3, France 24, NHK, Al Jadeed ou Al Jazeera Documentary, e proxectados e galardoados en festivais internacionais de cinema de todo o mundo.

Eliante Raheb é tamén membro fundador da Asociación de Cinema “Beirut DC” e foi directora artística do seu festival de cinema “Beirut Cinema Days” en seis ocasións. Ademais, deu conferencias sobre cinema árabe e proxectou as súas películas en universidades de gran prestixio internacional como Harvard, Brown, Georgetown e George Mason.

Foi artista residente no prestixioso Programa de Artes do DAAD e en La Cité des Arts-París.

A última película de Eliane Raheb, A Guerra de Miguel, foi galardoada co Robert Bosch Production Prize e participou en La Fabrique des Cinémas du monde, unha plataforma de coprodución dentro do Festival de cinema de Cannes.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad