TRALOVENTO Un filme de
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN
Ana regresa á súa aldea natal a causa da morte do seu pai no incendio da casa familiar. A súa intención é voltar a Vigo tras o funeral, onde vive coa súa parella, pero sente a inesperada necesidade de quedar, alimentada polos plans dunha empresa eólica de instalar un parque que divide á veciñanza e afecta a terras da súa familia.

A implicación de Ana neste conflito fai que se involucre de novo na vida da comunidade, e lévaa a asumir o control do taller de mecánica familiar, así como a reconstruír a casa incendiada dos seus pais. Neste proceso, Ana cuestiona o seu sentido de pertenza e identidade, evoca un pasado doloroso e descobre en si mesma un espírito colectivo e combativo que descoñecía ter.

Título: TRALOVENTO

Duración: 105 min.

Cor: Cor

Formato de gravación: Dixital

Idioma: Galego

Países de produción: España · Grecia · Portugal

Produción: Zeitun Films

Coprodución: asterisk* (Grecia)  · Olhar de Ulisses (Portugal)

Ano: 2026

Con Melania Cruz, Xosé Barato, Gonzalo Uriarte, Mónica García

Director: Eloy Domínguez Serén

Guionistas: Eloy Domínguez Serén, Meritxell Colell

Directora de fotografía: Sara Gallego

Montador: Raúl Barreras

Música original: Bruno Pernadas

Diseño sonoro: Persefoni Miliu

Directora de arte: Melania Freire

Produtores: Felipe Lage Coro, Vicky Miha

Coprodutores: Luís Costa, André Guiomar

Biografía do director

Licenciado na Universitat Autònoma de Barcelona, comeza a súa carreira como crítico de cinema, cofundando e codirixindo a revista A CUARTA PAREDE. En 2010 forma parte do Xurado Novo da Mostra de Venecia. Ao ano seguinte trasládase a Estocolmo, onde filma as curtas PETTRING (2013) e NO NOVO CÉIO (2014). En 2014 filma a mediometraxe JET LAG e nos dous anos seguintes completa a longa NO COW ON THE ICE (2015), estreada en Visions du Réel, e dúas curtas máis: YELLOW BRICK ROAD (2016) e RUST (2016). En 2018 estrea en IDFA a súa longametraxe HAMADA (2018). Este filme é seleccionado en festivais como Bafici ou Edinburgh IFF e galardoado en Cinéma du Réel, FIC Xixón ou Porto/Post/Doc.

Os seus traballos máis recentes son as curtas OS CORPOS (2020), estreada en IDFA e presentada, entre outros festivais, en Clermont-Ferrand (Francia), e ROMPENTE (2022), que se estrea no Festival de Málaga gañando o premio á mellor curtametraxe de ficción, e que posteriormente participa en festivais como Vila do Conde ou o Festival de Cans, onde se alza co premio á mellor curtametraxe de ficción.

Co financiamento de

Xunta de Galicia

Goberno de España

Creative Europe Programme – MEDIA da Unión Europea

Hellenic Film &

Audiovisual Center

ert-greek-radio-and-television-logo-995A46CD3E-seeklogo.com
rtp_positivo_horiz_RGB1
RTVE_RGB_POS
Gcorp Negro@4x
logo XUNTA
Logo_AGADIC_NEGRO
icaa negro
EU flag-Crea EU + MEDIA [B&W] EN
gfc
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad