MEMORIA DE ANXOS

UN PROXECTO DE LONGAMETRAXE DE VICENTE VÁZQUEZ
Sinopse

Un mal exemplar, así de conciso e mal definido é o protagonista desta etnoficción. K-e os seus múltiples alter egos- é á vez que protagonista, espectador de si mesmo e como actor e espectador do seu quefacer diario, o patio de butacas é o recinto no que se alberga a súa historia. A súa viaxe -por así dicilo- é a oscilación e penduleo do seu corazón. Na súa cadencia, nese ir e vir que supón todo viaxe, na súa continua contradición co mito romántico, asistiremos a miles de formas distraídas. Baixo a aparencia dun sono, as accións e decisións que toma o protagonista, máis que marcadas dunha libre vontade, estarán dotadas de certo somnambulismo e, do suposto trastorno entre a realidade e a ficción; a película.

BIOGRAFÍA DO DIRECTOR

Formado como artista visual, desenvolve a súa actividade artística dende 2001 no campo das artes plásticas e o cinema. As súas propostas resístense aos procesos de aculturación e acomodación que atravesa hoxe o acto creativo e buscan espazos físicos -e psíquicos- fóra das codificacións institucionais en uso.

Dende entón ata agora, a súa práctica videográfica tense desenvolvido entre o ámbito da arte, a industria cinematográfica, o videoarte ou mesmo o videoclip. Ámbitos aparentemente dispares que lle permiten establecer un encontro entre as prácticas máis ortodoxas e outras actividades alleas a calquera tipo de doutrina. Un modus operandi que repara nos cruces entre técnica e etnicidade para intentar desmontar -ou cando menos cuestionar- o binomio natureza-cultura. En 2013, xunto cos artistas Usue Arrieta, Marc Vives e Ainara Elgoibar, decide poñer en marcha Tractora Coop, unha cooperativa de artistas afincada en Bizkaia. Actualmente reside en O Cumial, Comarca dos Ancares, onde a súa práctica continúa explorando formas de convivencia, coidado e acción compartida.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad